As grandes firmas de moda internacional Gucci e Louis Vuitton reinventase con innovadoras campañas para televisión.
Estamos moi acostumados a velos en papel, pero estas grandes firmas coincidiron en que chegou a hora de arrasar tamén na pequena pantalla, aínda que cun enfoque máis orixinal, luxoso e coa intención de non deixar a ninguén indiferente.
Parece que as grandes marcas queren ir máis alá no mundo da publicidade. Xa Freixenet dera un xiro ó seu afamado anuncio de Nadal e cambiou as tradicionais burbullas por Martin Scorsese, ó igual que fixo Instimissimi que se decantou por un director de cine.
Agora Gucci elixiu ó galardoado cineasta norteamericano David Lynch (El hombre elefante, Terciopelo azul...) para dar vida ó seu novo spot. Así a idea de abrirse as portas á televisión coa primeira campaña da historia da marca iba obrigatoriamente ligada á realización dun anuncio de moito nivel. Así para as fotos do perfume Gucci by Gucci elixiouse o Musée National des Arts D´Afrique et D´Oceanie de París. E a banda sonora do spot: Heart of Glass de Blondie.

es un tema interesatisimo que es realmente motivamente.
es genial que se haga de la publicidad algo de calidad y lujo. relamente fascinante.