Últimamente escoitei moito falar de publicidade intrusiva, son moitos os que se queixan de cómo os esforzos das marcas chegan a invadir os espazos privados do consumidor.

Moitos son tamén os que din que perdemos a privacidade, o pudor e até a dignidade cómo compradores de este planeta cheo de publicidade.

Actualmente unha persoa normal que habita nun entorno urbano recibe máis de tres mil estímulos publicitarios ó día. Con tal cantidade de estímulos de información é moi difícil capturar a túa atención.

Como exemplo póñovosos este ambient de Head & Shoulders en Arxentina que eu considero un pouco agresivo. Imaxina que pasaría se tiveses caspa e aparecera o teu problema nun supermercado plasmado nunha pantalla de 42 pulgadas. ¿Qué efecto tería na tua intención de compra? ¿Comprarías máis Head & Shoulders por ese feito? Este tipo de execucións son arriscadas, pero como di a sabedoría popular, o que non arrisca non gaña...!

A publicidad non intrusiva permite que ti decidas que e cando oír dos anunciantes... e cobrar por iso! Co permiso, cedes a tua información e permites uns contactos que non son intrusivos, senon autorizados por ti.

Con iso o teu beneficio é que sólo tes que prestar a túa atención a aquela información que é relevante para ti.

Para os anunciantes, o beneficio é tamén importante xa que non malgastan recursos en campañas masivas senón que poden dirixir as súas mensaxes ó público máis receptivo.