Publicidad:
La Coctelera

cabecera blog

4 Mayo 2008

IN AN ABSOLUT WORLD!

Está claro que hai campañas publicitarias que se asentan no subconsciente colectivo durante anos, pasando a formar parte da cultura popular do mesmo xeito que o poden facer algunhas películas, cadros (o anuncio que analizo é unha mestura de publicidade e arte), discos ou libros que conforman o imaxinario de toda una xeración.

Tamén a botella da marca sueca de vodka Absolut podería ser algo así como el touro de Osborne para España, ou a vaca para Galiza, pero a escala planetaria.

Xa moito antes de que as marcas de alcol comezaran a buscar alternativas para publicitarse esquivando as limitacións legais, Absolut xa conseguira converter os seus anuncios en imaxes de culto.

Grandes artistas como Andy Warhol, Laurence Gartel, Keith Haring, Ross Blecjner ou Nam June Paik contribuiron coas suas reinterpretacións do envase a unha campaña que a axencia TBWA creou en 1980 que se pode desfrutar enAbsolutad.com e que, poñendo a creatividade ó servizo do produto, conseguiron que a marca se convirta no terceiro vodka branco do planeta tras Bacardi e Smirnoff.

En “In an Absolut World” búscase lanzar a mensaxe dun mundo máis positivo e achegado, mostrando mundos ideais, aínda que non exentos dunha certa compoñente crítica. Ademais os consumidores poden enviar as súas propostas, a un blog á súa disposición.

Non sería marabilloso que o símbolo de Times Square fose o Pífano de Manet en lugar dos neóns das empresas tecnolóxicas?

Ou que fose posible solucionar o problema do quecemento global lanzando cubiños de xeo ó océano? Que os embarazados sexan os homes?

Ou que ós políticos lles medre o nariz, como Pinocho, cando menten nos mitins? Que unha fábrica emita inofensivas burbullas no canto de fume?, etc.

Onde a campaña tivo maior repercusión, foi sen dúbida México. Alí, Absolut lanzou un anuncio no que México extendía as suas fronteiras ata os límites vixentes en 1830, cando Texas, California, Arizona, Nevada, Utah, Novo México e partes do Colorado e Wyoming formaban parte deste estado.

Aínda que o anuncio non se exhibiu en EEUU, provocou moitas denuncias e incluso o amago dun boicot contra Absolut, o que forzou a retirada do anuncio.

Esta campaña chegou a España coincidindo coa entrada do pasado outono. Os números de outubro de moitos magazines incluíron os novos anuncios estáticos e ós cines chegou tamén un impresionante spot rodado en Uruguay, dirixido por Frederik Bond, que mostra unha guerra de almofadas a escala urbana como resposta ó que parecía un enfrontamento violento entre manifestantes e policía. Ademais, 'Boum!' do inolvidable Charles Trénet pon a banda sonora no spot.

Merece a pena.

O anuncio conta co traballo do director de fotografía Guillermo Navarro, gañador do último Oscar á mellor fotografía por “El laberinto del Fauno”.

O público acolleu moi ben esta ruptura co pasado desta marca!

servido por marta 10 comentarios compártelo

10 comentarios · Escribe aquí tu comentario

my-eyes

my-eyes dijo

Ola!

Sen dúbida Absolut emprega publicidade bastante polémica (grazas pola información sobre o caso do anuncio en Mexico, non o coñecía), pero ó mesmo tempo cunha importante carga artística e con moito significado.
O anuncio de "In an Absolut woerld" paréceme xenial.

Fixeches unha moi boa recollida de información sobre o producto, e sobre a súa publicidade ;)

Un saúdo Marta!

5 Mayo 2008 | 11:48 AM

Alicia Lestegás Amor

Alicia Lestegás Amor dijo

Hola marta!!!

las dos coincidimos en nuestra actualización! esq sin duda, absolut utiliza un publicidad que no deja a nadie indiferente (aunque sea por polémica).

Un saludo!

5 Mayo 2008 | 01:14 PM

enxebre

enxebre dijo

Ola!!
As campañas de Absolut penso que nunca nos deixan indiferentes, buscan chamar a nosa atención e conségueno.
Se mal non recordo, a axencia TBWA aínda segue levando as innovadoras campañas, creo que o sorprendente anuncio do home embarazado foi realizada por eles.
Bikos

7 Mayo 2008 | 09:37 PM

va-de-futbol

va-de-futbol dijo

Parece que os gusta este temita :)
que estais unos cuantos hablando de él xD
la verdad que no me acuerdo de haber visto el anuncio ese de Méjico :s

Un saludo*

10 Mayo 2008 | 08:25 PM

periscopio

periscopio dijo

Se che digo a verdade, o mesmo nome do vodka, ABSOLUT, é un requetechollo para crear mensaxes publicitarias. Non hai mellor termo para definir moitas cousas, e toda publicidade de absolut, sempre viu facendo clara referencia ó seu nome. Por certo, o anuncio é ABSOLUTamente xenial. ¿Onde hai que asinar para que me collan como un extra?

11 Mayo 2008 | 03:41 AM

periscopio

periscopio dijo

Pero a min gústame máis o Smirnoff.

11 Mayo 2008 | 03:43 AM

RoSa

RoSa dijo

dá gusto ver campañas coma as de absolut, xogan coa imaxinación e ao mesmo tempo fannos imaxinar a nós.
A primeira imaxe é boisma sen dúbida, non te fai sentir que estás a ver publicidade, para min o maior éxito da foto.

Interesante actualización!

un bico

12 Mayo 2008 | 10:19 PM

aitanaworld

aitanaworld dijo

Hola Marta,
Gracias por enseñarme el anuncio de México porque la verdad es que no lo conocía.
Pero si tuviese que escoger una imagen creo que me quedaría con la primera, que más que un anuncio parece una fotografía sacada de una guía de viajes.
Muy buena la información que aportas en esta actualización!
Un beso!

14 Mayo 2008 | 12:28 AM

montse

montse dijo

Ohhhh absolut!!! no te mereces un anuncio te mareces mil....
que seria de mis sabados sin tu presencia sin tu aroma que m conduce a la alcoholemia.

Absolut a ti te debo parte de mi vida y tu a mi parte de mi higado.........
Absolut te quieroooooooo

15 Mayo 2008 | 08:21 PM

risitas

risitas dijo

Absolut simplemente, xoga coa imaxinacion coma na vida real, o que ten e que mundiamente conocida intenta facer un cambio simplemente por renovar, pero o finalmente o que mas vnde nste caso e producto final,je xk entra ou non. por cero eu prefiero rom.

20 Mayo 2008 | 02:42 PM

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de marta

delirioss

Lugo, Galiza, España
ver perfil »
contacto »
Ola! O meu nome é Marta, e estudo Publicidade e RRPP en Pontevedra, son de Palas de Rei . Agardo que este blog guste onde vou ir plasmando os meus coñecementos acerca a comunicación en xeral!

Fotos

marta lorenzo todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera