Non pensaba actualizar sobre isto, pero chamoume moito a atención esta noticia, e como a actualización anterior ía de censura, esta é unha demostración de que a censura nos toca moi de preto



O grupo parlamentario do BNG denunciou na Cámara Galega a existencia "de documentos internos da Garda Civil que inclúen simboloxía galega como elemento 'sospeitoso' a controlar e perseguir".

Con esta iniciativa parlamentaria, o BNG facíase eco dunha denuncia efectuada polo Movemento polos Dereitos Civís, que asegura que tivo acceso a estes documentos internos da Garda Civil. Devanditos documentos pertencerían a actividades formativas do instituto armado dirixidas aos axentes galegos, aos que se anima a tomar os datos das persoas que portan simboloxía de carácter nacionalista por consideralos sospeitosos.

Os datos persoais pasarían a formar parte dunhas fichas internas da Garda Civil, 'Fichas de interese policial', a pesar de que estas persoas non tivesen delito ningún.

Segundo a organización, nestes cursosvinculábanse símbolos como o autocolante do GZ para os automóbiles ou o escudo deseñado por Castelao coa lenda “Denantes mortos que esclavos” (que vos deixo abaixo) co chamado'Movemento de Liberación Nacional de Galicia'. Tamén aparecían vinculadas a este movemento varias organizacións de carácter nacionalista, feminista, estudantil ou ecoloxista.

Bieito Lobeira considerou estes documentos como intolerables "dende o punto de vista democrático".

O 'Movemento polos Dereitos Civís' mostrou a súa satisfacción porque esta cuestión leve á Cámara galega. A través dun comunicado no que o organismo incide en "que a creación de bases de datos paralelas e na que se están incluindo fotos e nomes de persoas que non cometeron ningún delito é ilegal".

Neste senso piden que o Goberno galego aclare aexistencia desta clase de actividades formativas, se se tiña coñecemento delas e quen ordenou a súa celebración.

Si, a censura está máis preto do que cremos!