Como continuación á propaganda política subliminal móstrovos anuncios onde a importancia do sexo está implícita, aínda así chamarémola publicidade subliminal.Este tipo de publicidade acostuma a ser a máis común, xa que é na que a xente é máis influenciable.

Fixádevos nestes anuncios:

Nun xornal podíase ver o primeiro anuncio dunha moza cun vaso na man, unhas páxinas máis tarde aparecía o mesmo anuncio boca abaixo. Védelo?

No segundo anuncio tápade a cabeza e a man da rapaza, tapade tamén as letras superiores. E parecía tan inocente a moza…

Este é o logotipo dunha marca de roupa, A-style. Nela pódese apreciar a unha parella no acto sexual.

Na seguinte imaxe aparece a modelo Bar Refaeli (presunta moza de Leonardo Di Caprio) na nova campaña da firma de moda suiza Tally Weijl. O que realmente chama a atención é a parella de coelliños copulando que se aprecian como fondo.



Alguén ten algunha dúbida aínda da importancia do sexo na publicidade?

Esto é todo amig@s, até a próxima!