Publicidad:
Terra
La Coctelera
2

O Photoshop, arma de dobre filo!

Andanto polos blogs de publicidade de temática similar é o que versa sobre Photoshop da miña compañeria Olalla chamoume moito a atención, esa ferramenta (que nos ensibnaron a empregar no primeiro cuatrimestre) moi empregada para correxir, modificar, eliminar cousas ou engadirllas ás imaxes non ten tanto efectividade como dende un principio pode parecer.

Nesta entrada móstranse fallos moi importantes en relación coa elaboración de imaxes: nunha delas unha muller sae coa cabeza negra e a barriga branca, un home nun estadio deportivo tres veces grazas á opción do Photoshop de clonar, unha muller sen barbilla ou un debuxo para nenos dunha raíña con tres mans. Até que punto é util esta ferramenta?

Eu indagando neste interesante tema que nos afecta como futuros creadores de imaxe, e chegando a conclusión de que o tan revolucionario programa con tanta fama entre os creadores de imaxe non pode ser tan incríble (incluso increíble de máis) se non é utilizado coas precaucións necesarias. Na páxina PhotoshopDisaster encárganse de reunir moitos destes estragos.

Non vos chama a atención esta sensual muller dun anuncio de Grand Theft Auto IV que é un novo xogo? Si, a min tamén me extraña que teño seis dedos!

Até que punto esta ferramenta deforma as imaxes e que modelo de vida propón tanta "perfección"?

1

A publicidade de autor!

As grandes firmas de moda internacional Gucci e Louis Vuitton reinventase con innovadoras campañas para televisión.

Estamos moi acostumados a velos en papel, pero estas grandes firmas coincidiron en que chegou a hora de arrasar tamén na pequena pantalla, aínda que cun enfoque máis orixinal, luxoso e coa intención de non deixar a ninguén indiferente.

Parece que as grandes marcas queren ir máis alá no mundo da publicidade. Xa Freixenet dera un xiro ó seu afamado anuncio de Nadal e cambiou as tradicionais burbullas por Martin Scorsese, ó igual que fixo Instimissimi que se decantou por un director de cine.

Agora Gucci elixiu ó galardoado cineasta norteamericano David Lynch (El hombre elefante, Terciopelo azul...) para dar vida ó seu novo spot. Así a idea de abrirse as portas á televisión coa primeira campaña da historia da marca iba obrigatoriamente ligada á realización dun anuncio de moito nivel. Así para as fotos do perfume Gucci by Gucci elixiouse o Musée National des Arts D´Afrique et D´Oceanie de París. E a banda sonora do spot: Heart of Glass de Blondie.


En cambio, Louis Vuitton decidiu prescindir de caras famosas ou de directores de renombre e centrouse en emocionarnos axudado pola música do oscarizado Gustavo Santaolalla (Brokeback Mountain, Babel...). Esta campaña nada ten que ver coa ostentación, senon que quere levar ó espectador nunha escapada a través dos sentidos.

Duas marcas e dous fantásticos resultados finais dannos unha pista da tendencia que segue a publicidade actual: beleza na imaxe, música para os sentidos e ideas de autor!

4

A publicidade NON intrusiva:

Últimamente escoitei moito falar de publicidade intrusiva, son moitos os que se queixan de cómo os esforzos das marcas chegan a invadir os espazos privados do consumidor.

Moitos son tamén os que din que perdemos a privacidade, o pudor e até a dignidade cómo compradores de este planeta cheo de publicidade.

Actualmente unha persoa normal que habita nun entorno urbano recibe máis de tres mil estímulos publicitarios ó día. Con tal cantidade de estímulos de información é moi difícil capturar a túa atención.

Como exemplo póñovosos este ambient de Head & Shoulders en Arxentina que eu considero un pouco agresivo. Imaxina que pasaría se tiveses caspa e aparecera o teu problema nun supermercado plasmado nunha pantalla de 42 pulgadas. ¿Qué efecto tería na tua intención de compra? ¿Comprarías máis Head & Shoulders por ese feito? Este tipo de execucións son arriscadas, pero como di a sabedoría popular, o que non arrisca non gaña...!

A publicidad non intrusiva permite que ti decidas que e cando oír dos anunciantes... e cobrar por iso! Co permiso, cedes a tua información e permites uns contactos que non son intrusivos, senon autorizados por ti.

Con iso o teu beneficio é que sólo tes que prestar a túa atención a aquela información que é relevante para ti.

Para os anunciantes, o beneficio é tamén importante xa que non malgastan recursos en campañas masivas senón que poden dirixir as súas mensaxes ó público máis receptivo.

10

IN AN ABSOLUT WORLD!

Está claro que hai campañas publicitarias que se asentan no subconsciente colectivo durante anos, pasando a formar parte da cultura popular do mesmo xeito que o poden facer algunhas películas, cadros (o anuncio que analizo é unha mestura de publicidade e arte), discos ou libros que conforman o imaxinario de toda una xeración.

Tamén a botella da marca sueca de vodka Absolut podería ser algo así como el touro de Osborne para España, ou a vaca para Galiza, pero a escala planetaria.

Xa moito antes de que as marcas de alcol comezaran a buscar alternativas para publicitarse esquivando as limitacións legais, Absolut xa conseguira converter os seus anuncios en imaxes de culto.

Grandes artistas como Andy Warhol, Laurence Gartel, Keith Haring, Ross Blecjner ou Nam June Paik contribuiron coas suas reinterpretacións do envase a unha campaña que a axencia TBWA creou en 1980 que se pode desfrutar enAbsolutad.com e que, poñendo a creatividade ó servizo do produto, conseguiron que a marca se convirta no terceiro vodka branco do planeta tras Bacardi e Smirnoff.

En “In an Absolut World” búscase lanzar a mensaxe dun mundo máis positivo e achegado, mostrando mundos ideais, aínda que non exentos dunha certa compoñente crítica. Ademais os consumidores poden enviar as súas propostas, a un blog á súa disposición.

Non sería marabilloso que o símbolo de Times Square fose o Pífano de Manet en lugar dos neóns das empresas tecnolóxicas?

Ou que fose posible solucionar o problema do quecemento global lanzando cubiños de xeo ó océano? Que os embarazados sexan os homes?

Ou que ós políticos lles medre o nariz, como Pinocho, cando menten nos mitins? Que unha fábrica emita inofensivas burbullas no canto de fume?, etc.

Onde a campaña tivo maior repercusión, foi sen dúbida México. Alí, Absolut lanzou un anuncio no que México extendía as suas fronteiras ata os límites vixentes en 1830, cando Texas, California, Arizona, Nevada, Utah, Novo México e partes do Colorado e Wyoming formaban parte deste estado.

Aínda que o anuncio non se exhibiu en EEUU, provocou moitas denuncias e incluso o amago dun boicot contra Absolut, o que forzou a retirada do anuncio.

Esta campaña chegou a España coincidindo coa entrada do pasado outono. Os números de outubro de moitos magazines incluíron os novos anuncios estáticos e ós cines chegou tamén un impresionante spot rodado en Uruguay, dirixido por Frederik Bond, que mostra unha guerra de almofadas a escala urbana como resposta ó que parecía un enfrontamento violento entre manifestantes e policía. Ademais, 'Boum!' do inolvidable Charles Trénet pon a banda sonora no spot.

Merece a pena.

O anuncio conta co traballo do director de fotografía Guillermo Navarro, gañador do último Oscar á mellor fotografía por “El laberinto del Fauno”.

O público acolleu moi ben esta ruptura co pasado desta marca!

9

A contrapublicidade, unha ferramenta atisistema!

Caca Madrid, Murder King ou Bodafone. Son marcas manipulasdas pero de seguro que nelas recoñecemos tres grandes compañías? Poden parecer simples xogos de palabras ou chistes inocentes, pero en realidade non o son!

Detrás desta intencionadatransformación dos logotipos hay unha chamada á relefxión sobre o consumo desmedido. Pero é a contrapublicidade perxudicial para os anunciantes?

A contrapublicidade ou subvertising (término que porvén da fusión entre subversión e advertising) é a forma de sabotaxe cultural máis extendida. Trátase cunha práctica de parodiar os anuncios políticos, corporativos ou comerciais co obxecto de manifestar a propia posición respecto das empresas, corporacións ou institucións anunciantes que se serven da publicidade como arma ideolóxica.


Segundo AdBusters, unha emblemática revista da contracultura canadense,"un 'subvert' ben producido imita a forma e aparencia do anuncio orixinario, promovendo o clásico 'dobre sentido' pois os espectadores ou receptores adquiren de repente consciencia de que foron 'manipulados'. Son capaces de trascender a hipérbole e a brillantez da realidade mediatizada e de revelar súbita e momentaneamente unha verdade subxacente máis profunda".

Ospuntos de vista liberal e radical son xeralmente os predominantes no mundo do "subvertising", pois unha das ideas agochadas detrás do concepto é a de incitar ó cambio.

Segundo subvertise.org: "O subvertising é a arte da resistencia cultural. É a 'pintada do muro', a 'pegata do poste da luz', o refraseo corrixido dos valos publicitarios, a parodia, a camiseta con mensaxe; pero participa ademais do desafío do sentir das opinións políticas da rúa.


Credes que a contrapublicidade é efectiva?

16

A censura en GZ!


Non pensaba actualizar sobre isto, pero chamoume moito a atención esta noticia, e como a actualización anterior ía de censura, esta é unha demostración de que a censura nos toca moi de preto



O grupo parlamentario do BNG denunciou na Cámara Galega a existencia "de documentos internos da Garda Civil que inclúen simboloxía galega como elemento 'sospeitoso' a controlar e perseguir".

Con esta iniciativa parlamentaria, o BNG facíase eco dunha denuncia efectuada polo Movemento polos Dereitos Civís, que asegura que tivo acceso a estes documentos internos da Garda Civil. Devanditos documentos pertencerían a actividades formativas do instituto armado dirixidas aos axentes galegos, aos que se anima a tomar os datos das persoas que portan simboloxía de carácter nacionalista por consideralos sospeitosos.

Os datos persoais pasarían a formar parte dunhas fichas internas da Garda Civil, 'Fichas de interese policial', a pesar de que estas persoas non tivesen delito ningún.

Segundo a organización, nestes cursosvinculábanse símbolos como o autocolante do GZ para os automóbiles ou o escudo deseñado por Castelao coa lenda “Denantes mortos que esclavos” (que vos deixo abaixo) co chamado'Movemento de Liberación Nacional de Galicia'. Tamén aparecían vinculadas a este movemento varias organizacións de carácter nacionalista, feminista, estudantil ou ecoloxista.

Bieito Lobeira considerou estes documentos como intolerables "dende o punto de vista democrático".

O 'Movemento polos Dereitos Civís' mostrou a súa satisfacción porque esta cuestión leve á Cámara galega. A través dun comunicado no que o organismo incide en "que a creación de bases de datos paralelas e na que se están incluindo fotos e nomes de persoas que non cometeron ningún delito é ilegal".

Neste senso piden que o Goberno galego aclare aexistencia desta clase de actividades formativas, se se tiña coñecemento delas e quen ordenou a súa celebración.

Si, a censura está máis preto do que cremos!

15

O Público non sempre é tan público!

Publicidade censurada é o tema do que versa esta actualización. Está claro que non todas as ideas as que dan a luz os creativos publicitarios poden verse finalmente nas páxinas dunha publicación ou nas pantallas de televisión. Por unhas ou outras causas, algunhas son censuradas e arquivadas no baúl do esquecemento porque os responsables finais da campaña non dan o visto e prace para o seu lanzamento.
As causas para a negativa, ademais da clásica de non gustarlle ao cliente que é o que pon o diñeiro e decide, poden ser en grao sumo variado: algunhas atentan contra a moral, as boas costumes, ou porque simplemente presentan imaxes atrevidas ou subidas de ton.

O anuncio promocional do xornal Público do que vos deixo o vídeo a continuación, creo que é un spot que está realmente ben e que expresa claramente o xeito de pensar de gran parte da sociedade actual.

Este spot foi censurado por Autocontrol, a Asociación para a Autorregulación da Comunicación Comercial, que puxo obxeccións ó anuncio do lanzamento de Público polo “Fuck Bush”. Pediu a empresa editora que retiren o plano do presidente Bush mentres non obteñan o consentimento expreso e por escrito do presidente Bush. O vídeo só foi emitido por "La Sexta", empresa do mesmo grupo empresarial.

A continuación déixovos un dos tres anuncios da campaña publicitaria de MTV que aludía ó fatídico 11-S polo que tamén foi censurada:

Texto xunto ás Torres: "2863 mortes"
Xunto ao home: "630 millóns de indixentes no mundo".
"O mundo unido contra o terrorismo. Debería facer o mesmo contra a pobreza".

E por último este anuncio de Nokia , que considerándoo demasiado agresivo foi retirado.

6

BLOGS de temática similar


Buscando información en diversos blogs de temática similar atopei cousas moi interesantes, que considero que tamén poden ser interesantes para vos, acerca de publicidade subliminal, curiosa, polémica (será un dos temas dos que fale en futuras actualizacións), deseño publicitario, marketing,RRPP, medios de comunicación e comunicación en xeral.

Algúns exemplos destes blogs:

http://www.briefblog.com.mx/

é un blog de mercadotecnia, publicidade e creatividade. Gústame moito porque ten moita cartelística, vídeos, links interesantes, ademáis de informarnos dos anvances en comunicación de todo tipo.

http://www.diegojimenez.es/blog/

este é outro blog que vos recomendo onde Diego fala, reflexiona e delira sobre deseño, fotografía, logotipos, noticias, Internet, publicidade e moitas outras cousas.

http://vive-diseno.blogspot.com/search/label/Propaganda%20y%20publicidad

este é un blog de diseño gráfico, publicidade, propaganda, iconografía, imaxe corporativa, cine, televisión, noticias e actualidade.
Neste blog fálanos do necesario para ser bos deseñadores gráficos, cuturizarnos visualmetne e manternos actualizados.

Creo que calquera dos tres vos gustará!

Por último, para ir adiantando algo acerca de publicidade polémica (da que como xa dixen falarei proximamente) deixovos este video dunha campaña publicitaria dun xampú chamado GHD que tras moita polémica foi retirado en Londres xa que se consideraba ofesivo para o cristianismo.

No spot saen varias mulleres case espidas que semella que están rezando e suplicando solucións para poñer o pelo máis fermoso e rizo. Todo esto nun entorno claramente relixioso, con crucifixos, velas, rosarios, etc.

Na campaña, creación da axencia de publicidade TBWA, se dicen frases como: “que os meus novos rizos a fagan asfixiarse de envexa“, o spot remata dicindo: “fágase a tua voluntade”, oración que en inglés, “Thy will be done”,ademais substitue a T por unha cruz.